Campus de batucada
Contorna de Merza: Natureza e Historia
Mosteiro de Carboeiro. O mosteiro de San Lorenzo de Carboeiro é un antigo mosteiro benedictino actualmente abandonado e en restauración situado a beiras do río Deza, na parroquia de Santa María de Carboeiro, pertencente a Silleda, provincia de Pontevedra, España. A igrexa é unha das obras arquitectónicas de estilo románico máis destacadas de Galicia.
O cenobio foi fundado no século X e viviu o seu maior esplendor entre os séculos XI e XIII, para despois perder gran parte da súa influencia e o seu status abacial e quedar abandonado tras a desamortización de Mendizábal, en 1835. Durante a segunda metade do século XX leváronse a cabo diversos traballos de restauración que lograron conservar a arquitectura do templo e algunhas das dependencias monacales.
Fonte: Wikipedia
Fervenzas do Toxa. Están situadas no termo municipal de Silleda. Cunha altura total de 60 m e 30 de caída, son as fervenzas máis altas de Galicia en caída libre e unhas das máis altas do estado español.
Fonte: Wikipedia
Area recreativa A Carixa. A preciosa área recreativa da Carixa a beiras do río Deza, é perfecta para gozar da natureza e da súa praia fluvial cos nenos nunha magnífica contorna natural.
A área recreativa da Carixa é parte da Rede Natura 2000 e nela atopamos todo o necesario para gozar cos nenos ao aire libre; parque infantil, parque biosaudable, xardíns, mesas e cadeiras para facer grelladas, restaurantes, kioskos, bar e aseos.
Durante o verán, moitas familias adoitan gozar da súa praia fluvial e as súas piscinas. No outono e inverno, podemos facer roteiros de sendeirismo cos nosos fillos.
Este espazo recreativo conta cun aparcamento destinado para autocaravanas con todos os servizos necesarios para gozar dunha escapada na preciosa contorna natural de Vila de Cruces.
Fonte:https://saposyprincesas.elmundo.es/actividades-ninos/pontevedra/aire-libre/rutas-y-excursiones/a-carixa/
Minas de Fontao. No século XX constituíron unha das explotacións máis importantes de Galicia. Durante os anos 40, minas como a de Vila de Cruces reunían todos os ingredientes necesarios para ser obxecto dunha película, xa que non faltaban os presos políticos que redimían as súas condenas nas minas, o estraperlo, as mulleres que traballaban nas plantas de preparación do mineral, as tabernas e as grandes festas. Un cóctel de vida e luz nos escuros anos da posguerra, alimentado polo diñeiro xerado polo wolframio, cobizado polos ingleses e destinado á Alemaña nazi.
Fonte: https://patrimonio.camaraminera.org/gl/lugar/minas-de-fontao
Roteiros de sendeirismo: nos arredores do Campus atopámonos con varios roteiros moi interesantes, entre os que destacan dous con algunhas pequenas variantes: o Roteiro da Fervenza e o Roteiro de Carboeiro.
Máis información dos roteiros: https://es.wikiloc.com/rutas/senderismo/espana/galicia/merza