PERCUSIONISTAS DE LATEXO

CEO, Dirección artísica, Escola, percusionista.

Andres

Andrés Rivero

Nigrán, 1981.

De formación autodidacta, investigou e formouse xunto a grandes mestres da percusión afrobrasileira, afromandinga e afrocubana como Mamady Keita, Harouma Dembelé, Mario Pam, Gabi Guedes, Marivaldo Paim, "Memeu" de Olodum, Bira Santos, Jaír Rezende, Ícaro Sá, Nei Sacramento, Dendê Macedo ou Crá Rosa, entre moitos outros, tanto en Europa como en Salvador de Baía ou Guinea Bissau.

Como músico participou en grupos como Trópico de Grelos, Perfusión ou A Companhía do Ruído, entre outros.

A súa experiencia docente comezou en 2011, impartindo talleres grupais e clases regulares en diferentes proxectos como a escola de Trópico de Grelos ou Galinké, entre outros. Ten formado parte do equipo docente no Curso internacional Merza Percusión en 9 edicións desde 2012.

Desde 2020 atópase inmerso en Latexo Percusión, proxecto que dirixe tanto na súa rama artística como formativa, mentres colabora, tocando e gravando con outras formacións.

Comunicación, Administración, percusionista.

ire danza

Irene Visos

A Coruña, 1990.

En 2003, o seu primeiro contacto coa danza africana espertou o seu interese pola fusión do ritmo e o movemento. Con todo, non foi ata dez anos despois cando se iniciou na percusión, nas escolas Prucupá e Galinké. Recibiu formación en percusión de Xurxo Troncoso, Narci Rodríguez, Andrés Rivero, Leo Pimentel, Paulo Silva, Dendê Macedo, Jair Rezende, Toño Monedero e Mauro Jorge, entre outros.

Tamén explorou a danza africana, afrobrasileña e contemporánea con Tania Veiga, Eva Azevedo, Joana Peres, Karamoko Camara, Nuria Carballido e Paula Quintas. Ademais, incursionou na danza percusiva con Jap Melendes e Rocío Jiménez.

Formou parte dos grupos Trópico de Grelos, Konafro e Compañía de Danza da USC. Como docente, foi coordinadora da Escola Prucupá e participou en diversos proxectos educativos, como os Obradoiros de Trópico de Grelos ou Son D'África. É integrante de Latexo desde a súa fundación en 2020 e de Lida India e Latexo.

Produción, Xestión, Escola, percusionista.

Bea

Bea González

A Coruña, 1990.

No 2013 comeza a súa formación como percusionista na Escola de Sambiosis Batucada (Granada). Continuou profundando na percusión afrobrasileira da man de numerosos mestres e profesores como Junior Souza, Javier Iglesias, Crá Rosa, Mauro Jorge, Jair Rezende, Mestre Jackson, Antonio Monedero, Allison Adesida ou Dendé Macedo.

No 2016, tras a súa volta á Galicia e o paso pola Escola Prucupá, incorporouse ao Bloco Afro de Trópico de Grelos (Compostela). Mergullouse tamén na percusión e danza africanas da costa oeste na escola Galinké cos profesores Andrés Rivero e Tania Veiga, e foi membro de grupos como Konafro ou Son d'África. Forma parte dos proxectos xerados por Latexo Percusión desde o seu nacemento no ano 2020 e colaborou con moitas outras artistas e colectivos.

No ámbito formativo é profesora da Escola de Latexo nas aulas de percusión afrobrasileira en Ribeira e de percusión africana en Ourense.

Percusionista.

Clau

Claudia Maín

Vigo, 1990.

Estudou batería con Leandro Deltell en Vigo entre 2004 e 2009. Xa en Compostela, estudou Maxisterio Musical na USC, entrando no 2014 na Escola Prucupá de Trópico de Grelos e na Escola de Galinké, con Andrés Rivero como profesor, ata 2018. En 2022 retoma os estudos de batería, en Escola Estudo, con LAR Legido.

Participou en talleres de percusión afrobrasileira impartidos por mestres como Junior Souza, Crá Rosa, Moisés Lama, Dendé Macedo, Jair Rezende, Allison Adesida, Mauro Jorge e Toño Monedero. A partir de 2017 comeza a súa formación en danza malinke con Tania Veiga (Galinké).

Tocou con Konafro e Bravatukas e, na actualidade, forma parte de Trópico de Grelos, Latexo Percusión e Lida India e Latexo.

No ámbito formativo, colaborou ou impartiu talleres con Latexo Percusión e Trópico de Grelos e, actualmente, é a profesora da Escola Prucupá.

Percusionista.

Bele

Belén Rivero

Xinzo de Limia, 1992.

Comezou a súa formación musical a través do piano no Conservatorio de Xinzo de Limia durante cinco anos.

No mundo da percusión, os seus inicios foron da man do músico Xoán Losada como profesor de tamboril, e xa en Santiago de Compostela sería alumna da Escola Prucupá de Trópico de Grelos durante dous anos. Recibiu formación de profesionais como Crá Rosa, Dendê Macedo, Allison Adesida, Toño Monedero, Jair Recende, Narci Rodríguez, Mauro Jorge, Andrés Rivero e Moisés Lama entre outros. Actualmente asiste a clases de batería co percusionista Álvaro Trillo.

Formou parte de varios proxectos musicais, como son a Agrupación Musical da Limia, a Charanga Trompafós, o Bloco Afro de Trópico de Grelos e o Bloco da Escola Prucupá de Trópico de Grelos. É integrante de Latexo Percusión desde 2020.

Percusionista.

dani

Daniel Gómez

A Coruña, 1989.

Formouse en percusión afrobrasileira con Andrés Rivero na Escola Prucupá de Trópico de Grelos e en percusión latina con Chicho Cordero (Combo Dominicano). De forma complementaria, asistiu a diversos talleres de mestres tales como, Crá Rosa, Huberto Morais, Escobar Pereira, Paulo Silva, Dendê Macedo, Jair Rezende, Mestre Jackson, Toño Monedero, Nahuel Chalquian, Albert Llobel, Juanjo Llorente, Antoni Crespi, Albertito Romero, Allison Adesida ou Mauro Jorge, entre outros.

Ademais da percusión, estuda outros instrumentos musicais, de maneira autodidacta, como o xaphoon ou o ukelele. No 2022 comezou a impartir clases deste instrumento na Asociación Tempo Novo (A Coruña).

Formou parte de proxectos musicais como The Hard Men Path, Prototipo Pornográfico, Trópico de Grelos ou o Bloco dá Escola Prucupá e integra Latexo Percusión desde 2020.

Percusionista.

irena

Irene Ayuso

Madrid, 1995.

Desde pequena foi a clases de coro e piano, aínda que dedicou toda a súa infancia e adolescencia á danza. Aos 6 anos comezou a súa formación en Danza Clásica, que continuou no Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma, graduándose con Mención de Honra en 2014. Durante ese período tamén se formou en Alemaña e Estados Unidos con bailaríns de prestixio internacional.

En 2014 entrou na batucada Pra Galera, onde comezou os seus primeiros pasos dentro do mundo da percusión. En 2018 comezou a tocar tamén con Baturkana e en 2019 uniuse a Baque Manglar. En 2020 uniuse ao equipo de Latexo, comezando tamén a súa formación de timbau e batucada con Antonio Monedero na Escola Zumbalé.

Participou en talleres con Lili Nascimento, Allison Adesida, Memeu (Olodum), Mestre Jackson (Olodum), Junior Souza (Tambores e Cores), Toño Monedero, Chicote (Río Maracatú), Albertito Romero, Lupita Ainá e Alberto Molina "Rasta".

Percusionista.

brais

Brais Paisal

A Pobra do Caramiñal, 2001.

Comezou a súa formación musical con Albano Días na ESMU da Pobra e graduouse no Conservatorio Profesional de Música de Santiago no 2019 baixo a tutela de Juan Collazo, Ton Risco, Roberto Bao, e Isabel Diego.

Complementariamente, asistiu durante cinco anos ao Festival Internacional Merza Percusión, no que recibiu formación da man de Vicent Zaragoza, Irene Rodríguez, Noé Rodrigo, Nick Woud, Andrés Rivero, Roi Adrio, Pablo Paz, Conrado Moya e Bence Major.
Ademais, recibiu clases de batería e agrupación musical por parte de Carlos Bastón e Manu Rey, e de Mauro Jorge en materia de timbal.

Como músico, participa activamente na Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, no grupo de música Amoenus e en Latexo Percusión. Tamén colaborou na formación do Percuta Percussion Group e como percusionista na Joven Orquestra Leonesa e na Orquestra da USC.

Na actualidade é profesor de percusión en ESMU da Pobra.

Percusionista.

Marcos

Marcos Outeiral

A Pobra do Caramiñal, 1988.

LemarK Drumer empezou na música en 2005 a través da batería, formándose en cursos e masterclass con profesionais como Manu Rey, Bruno Couceiro, Carlos Bastón e Manu Reyes. Participou en composicións, gravacións e xiras con bandas como Golpe Radikal, Human ou Moito!, entre outros.

Comezou o seu camiño na percusión afrobrasileira en 2015 asistindo a diversos talleres e cursos con agrupacións e artistas como Nahuel Chalquian, Dendé Macedo, Cra Rosa, Mauro Jorge, Andrés Rivero, Antonio Monedero ou a escola Siete Octavos. No 2016 fundou e dirixiu o bloco de percusión Batukabras ata o 2022.

Na actualidade exerce como docente de batería e percusión. Pertence a formacións musicais como Human ou Latexo percusión, onde entrou en 2021, e é baterista por tempadas con Moito! e Miriam Agraso.

latexo-percusion-galicia-batucada
Scroll ao inicio