lidia veran

Lidia India e Latexo

Lidia India é unha cantora e compositora da comarca de Ferrolterra, no norte de Galicia. Tras a súa estancia en Sudamérica, principalmente en Brasil, a súa música vese influenciada polos ritmos afro-brasileiros que se mesturan coas súas raíces musicais galegas.

Da mestura entre a banda de Lidia India e Latexo Percusión xorde un formato único, que eclosiona nesta proposta de World Music, formada por oito intérpretes e cun formato que inclúe entre os seus instrumentos principais: batería, baixo, guitarra, teclado, voces e un amplo set de percusión africana, brasileira, cubana e galega.

A enerxía, unha gran conexión e interacción co público e os momentos nos que entra en escena a danza, son algúns dos piares deste proxecto.

Primeiro traballo discográfico: Nas Rúas

Cancións propias, música de raíz e moita percusión

Lidia India e Latexo acaba de sacar á luz o seu primeiro traballo. "Nas Rúas" está formado por 9 temas de composición propia, cheos de maxia, alegría e unha mensaxe que fala da necesidade de conectarnos co natural e o humano.

A percusión dos blocos afro de Salvador, das baterías de Samba de Río, dos ballets nacionais africanos ou dos ensambles cubanos, atopan o seu lugar acompañando melodías e harmonías da banda e dándolle un carácter moi especial.

Os nove temas do disco foron compostos por Lidia India. Gravado e editado entre os meses de novembro (2021) e abril (2022) por César Yáñez. Mesturado e masterizado en Salvador de Bahía, Brasil, por Israel Lima.

Play Video
imaxe LidiasenfondoBN

Características do espectáculo

Duración: 1h15m

Espazo: Interior ou exterior

Tipo de público: Todos os públicos

Idioma: Galego

Tipo de música: Música de raíz, world music.

aturuxo

Teléfonos de contratación

628316428 Bea - 620234816 Lidia

latexo-percusion-galicia-batucada
Scroll ao inicio