
Espectáculo de batucada
O show de rúa de Latexo Percusión
En Latexo estamos decididas a achegar a percusión, a música e a ledicia a tódalas persoas. A través dun espectáculo de batucada baseado nos ritmos dos blocos afro brasileiros, a percusión de Latexo transportaranos a diferentes lugares do mundo nos que o ritmo e o movemento son parte fundamental do cotián.
O novo espectáculo de animación de rúa de Latexo foi deseñado con moito mimo. Puxemos especial énfase no coidado do noso son e dos nosos arranxos musicais, de creación propia, así como das coreografías e posta en escena, xerando un espectáculo dinámico, versátil e de calidade.
A batucada é o punto de encontro das artistas que formamos o grupo. A través dos tambores típicos de este estilo, poderemos escoitar ritmos de moitos outros universos musicais, como o reggae, o funk, a salsa ou a música malinké.
Percusionistas de Latexo
Andrés
ANDRÉS é de Panxón. Debatíndose entre dedicarse a cociñar ou á percusión, Andrés decidiu deixar a batería de cociña para os seus ratos libres!
Tras participar en proxectos como Trópico de Grelos, Perfusión ou A Companhia do Ruído, arribou a Latexo Percusión xunto co son "crocante" do seu timbau.
#andres #latexo #percusión #latexopercusion #batucada #powerbatucada #batucadagalega #timbau
Irene
IRENE. Nacida na Coruña pero con Allariz como segunda matria, Irene leva no seu sangue a ciencia e a arte por partes iguais.
A súa continua formación na percusión e na danza eclosionou en Latexo Percusión nesta potente repiqueira, de estilosos movementos!
#irene #latexo #percusión #latexopercusion #batucada #percussion #percussao #entroido #repique #repenique
Bea
Aínda que naceu na Coruña, o fogar de BEA é o Mundo. A nosa surdeira é capaz de facer calquera cousa, pero a percusión dáselle especialmente ben!
Sempre sorrinte e chea de enerxía, Bea chegou a Latexo Percusión para abraiarnos cos seus potentes ritmos e movementos hipnóticos.
#bea #latexo #percusión #latexopercusion #batucada #powerbatucada #batucadagalega #surdos
Claudia
Dende Vigo chega CLAUDIA! Esta grande percusionista pode tocar tanto coas mans como con baquetas, pero en Latexo Percusión ocúpase principalmente dos tambores máis graves.
Konafro ou Trópico de Grelos son outros dos proxectos musicais dos que forma parte!
#Claudia #latexo #percusión #Latexopercusion #batucada #powerbatucada #batucadagalega #surdos
Dani
Dani, Danilo ou Capitán Nemo é da Coruña. Persoa multitarefa onde as haxa, Dani ten unha grande sensibilidade que aplica en cada golpe de tambor.
Músico moi versatil, en Latexo Percusión se ocupa dos sons máis graves!
#latexo #percusion #latexopercusion #Dani #Nemo #batucada #powerbatucada #batucadagalega #surdos
Irene
Dende Madrid, chega IRENE. Cunha ampla formación en danza e moita experiencia na percusión afrobrasileira, a nosa repiqueira Irene non dubida en coller un avión para ensaiar con Latexo Integrante de Escuela Pra Galera, Baturkana, Bloco Manglar e o Bloco Suicida, a Irene solo lle faltaba Latexo para formar parte de casi todas as batucadas da península!!
#Irene #latexo #percusión #latexopercusion #batucada #batucadagalega #powerbatucada #repique
Brais
BRAIS é da Pobra do Caramiñal. É o integrante máis novo de Latexo, pero ten unha grandísima experiencia na percusión xa que comezou a tocar tambores antes que a camiñar!
Despois de estudar na ESMU da Pobra, da que agora é profesor, e no Conservatorio Profesional de Santiago, no que se graduou recentemente, Brais chegou a Latexo para compartir a súa boa enerxía e grande calidade musical!
#Brais #latexo #percusión #latexopercusion #batucada #batucadagalega #powerbatucada #caixa
Belén
BELÉN é de Xinzo, capital do Entroido galego. A nosa integrante máis mediática tamén é a entroideira suprema de Latexo. Reporteira e redactora de televisión, Belén leva xa moitos anos no mundo da charanga e da batucada, participando en proxectos como Charanga Trompafós ou Trópico de Grelos.
Recoñecerédela en Latexo polo seu sorriso e o seu potente groove tocando o repique.
#Belén #latexo #percusión #latexopercusion #xinzo #batucada #batucadagalega #powerbatucada #repique
Marcos
Marcos vén da Pobra do Caramiñal. O barbanzá é un baterista incansable en proxectos como Golpe Radikal, Human ou Moito, e tamén batuqueiro e codirector das Batukabras da súa Pobra natal. Marcos trae a Latexo o seu característico groove tocando a caixa, a súa ampla experiencia nos escenarios, o seu sorriso e o seu bo rollo.
#Marcos #latexo #percusión #latexopercusion #apobradocaramiñal #batucada #batucadagalega #powerbatucada #caixa
