
Bloco Social en la Cárcel de Monterroso
Proxecto desenvolvido dende outubro de 2022 ata a actualidade, en colaboración con Aliad Ultreia e Voluntariado Galego, no marco do plan de animación sociocultural do Centro Penal de Monterroso

Obxectivos:
-Xerar un espazo de lecer, diversión e desconexión a través da batucada e os ritmos dos Blocos Afro de Salvador de Bahía.
-Exercitar diferentes capacidades individuais como a atención, a memoria ou a coordinación.
-Traballar dinámicas grupais como a escoita e o compañeirismo.
-Propoñer unha nova vía de interese para combater a falta de motivación xeral do cárcere e un foco para a reinserción.
Programación anual:
Cursos de 6 sesións con opción de concerto final aberto para o resto do centro.
Contidos:
-Traballo de coordinación, percepción rítmica e linguaxe musical.
-Técnica e dinámicas dos diferentes instrumentos.
-Traballo coreográfico básico.
-Ritmos e arranxos dos Blocos Afros de Salvador de Bahía.

Concerto de fin do curso 2023
