Leva a percusión á túa vila ou centro

A actividade grupal máis completa e divertida!

En Latexo deslocalizamos a nosa escola para poder levar a percusión a moitos máis lugares e persoas.

A rama formativa de Latexo é unha das pedras angulares do proxecto e as actividades derivadas están levadas a cabo cun especial mimo, algo que se evidencia tanto nos resultados como nos procesos de aprendizaxe. Neste senso, a escola de Latexo apoiase nunha metodoloxía progresiva, positiva e, sobre todo, divertida, e nunha equipa docente de gran experiencia e dedicación.

Latexo encárgase de facilitar o material preciso para o aprendizaxe musical. Deste xeito non é necesario para as persoas ter instrumento propio, polo menos nunha etapa inicial. O único que fai falta para poder realizar a actividade, tanto de maneira regular como puntual é un espazo que reuna as condicións básicas (acondicionamento acústico, limpeza, etc) para poder levar a cabo nel as clases con normalidade.

A batucada é unha actividade que achega grandes beneficios a nivel persoal e estes son aínda maiores cando se xunta coa danza. As persoas que o proban sempre repiten, ao degustar o que é sentirse parte dun espectáculo de música e baile.

O que din de nós:

"O mellor grupo de batucada tanto para escoitalos como se queres aprender a tocar!"

Leire Porral, alumna do Campus de Batucada 2020 e das clases avanzadas de Compostela, curso 20-21

"Los mejores profesionales, como grupo y como escuela".

Iria González, alumna das aulas avanzadas de Compostela, curso 20-21

"Los mejores!!"

Jesús Aboal, alumno das aulas avanzadas de Compostela, curso 20-21

Algunhas cuestións...

Pide información sen compromiso!!

Bele3
latexo-formacion-logo
Scroll ao inicio