Campus de batucada
Materias e horarios
1) Danza, movimiento y coordinación.
Tódolos grupos estarán xuntos nesta actividade.
Contidos: Nesta clase experimentaremos as posibilidades do movemento e da súa relación co ritmo. A través de xogos e dinámicas grupais traballaremos aspectos básicos da danza e recursos aplicables á batucada, como a coordinación, a toma de consciencia corporal, escoita grupal, a improvisación ou a creación de pequenas coreografías.
A percusión será a nosa compañeira de viaxe para mobilizar o corpo, espertar a mente e empezar as mañás a lume de biqueira de enerxía!
Horarios: xoves, venres e sábado ás 10:00 h
Profesora: Irene Visos
2) Danza con instrumento. Coordinación do movemento coa percusión.
Contidos: Nesta materia profundaremos no movemento e a coordinación aplicados aos principais instrumentos do bloco. Traballaremos desde a base, poñendo o foco no noso propio corpo e conectando o ritmo con danzas, movementos e recursos que o acompañen, a partir dalgúns dos ritmos tradicionais dos principais Blocos Afro de Salvador de Baía.
O obxectivo é poñer o foco na relación entre música e danza e adquirir ferramentas que nos permitan explorar o movemento natural do noso corpo á hora de tocar percusión, mellorando a nosa coordinación.
Nivel iniciación: Traballaremos a coordinación básica a través dalgúns exercicios e dinámicas simples de movemento e percusión. Tamén nos achegaremos á realidade do bloco, coñecendo os principais instrumentos e tocando con eles ritmos que nos permitan introducir movementos simples e poñer en práctica algúns conceptos básicos, para gozar dun primeiro achegamento ao mundo da batucada, tocando e bailando en grupo.
Nivel intermedio: Centrarémonos en mellorar a coordinación con xogos rítmicos e dinámicas algo máis complexas, traballando tamén sobre ritmos típicos para crear e practicar danzas e movementos a nivel individual, grupal e por seccións de instrumentos.
Nivel avanzado: Exploraremos novos recursos e movementos que poder incorporar aos nosos blocos, ademais de profundar nalgúns aspectos clave relacionados coa coordinación e a lateralidad, con intención de mellorar a nosa fluidez e destreza á hora de tocar e bailar.
Horarios:
-Grupo iniciación: Xoves, venres e sábado de 11:00 a 12:00 h
-Grupo intermedio: Xoves, venres e sábado de 13:30 a 14:30 h
-Grupo avanzado: Xoves, venres e sábado de 12:30 a 13:30 h
Profesora: Bea González
3) Técnica de baquetas e mazas. Adestramento rítmico.
Contidos: Nesta materia centrarémonos nos conceptos máis importantes relacionados coa práctica da caixa. Durante as clases aplicaremos todos os conceptos técnicos ao resto de instrumentos (repenique e surdos), tendo sempre en conta as diferenzas e similitudes entre eles.
Así mesmo traballaremos tendo sempre en conta os conceptos técnicos estudados e os patróns rítmicos máis comúns da caixa dos blocos bahianos.
Nivel iniciación: Traballaremos aspectos básicos tales como o agarre (pinza ou grip), a posición, Golpe simple e os
diferentes tipos de golpes ( down, full, up), acentos e progresións rítmicas.
Nivel intermedio: Repasaremos devanditos conceptos e iniciarémonos no mundo dos rudimentos: flam ( mordente dunha nota), paradiddles e dobre golpe.
Nivel avanzado: Centrarémonos no Flam (mordente dunha nota), paradiddles, dobre golpe, Drug (mordentes de dous notas), redobre orquestral, grupos irregulares e progresións rítmicas.
Horarios:
-Grupo iniciación: Xoves, venres e sábado, de 13:30 a 14:30 h
-Grupo intermedio: Xoves, venres e sábado, de 12:30 a 13:30 h
-Grupo avanzado: Xoves, venres e sábado, de 11:00 a 12:00 h
Profesores: Pablo Paz e Brais Paisal
4) Técnica de man aplicada ao timbau, recursos e ritmos do instrumento.
Contidos: Nesta materia centrarémonos no timbau como vehículo para coñecer o universo rítmico de Salvador de Baía.
Nivel iniciación: Centrarémonos principalmente na técnica do instrumento, traballando os 3 golpes básicos (aberto, slap e grave) e poñendo énfase na postura corporal e o son de cada golpe. Traballaremos ritmos e outros recursos básicos do timbau.
Nivel intermedio: Repasaremos aspectos técnicos e posturales, sumando aos 3 golpes anteriores o golpe de recheo. Centrarémonos na boa articulación dos 4 sons, explorando patróns e frases do timbau, así como adaptacións de patróns de atabaque ou do djembé malinké, que influencian os toques de timbau en Latexo.
Nivel Avanzado: Traballaremos sobre patróns propios do timbau xunto con outros doutros instrumentos ( atabaques, tumbadoras, djembé), desenvolvendo frases e recursos para a improvisación.
Horarios:
-Grupo iniciación: Xoves, venres e sábado de 12:30 a 13:30 h
-Grupo intermedio: Xoves, venres e sábado de 11:00 a 12:00 h
-Grupo avanzado: Xoves, venres e sábado de 13:30 a 14:30 h
Profesor: Andrés Rivero
5) Ensamble do bloco. Ritmos e arranxos tradicionais dos Blocos Afro de Salvador.
Tódolos grupos estarán xuntos nesta actividade.
Contidos: No taller impartido por Antonio Monedero desenvolveranse ritmos con arranxos típicos dos grupos de percusión máis representativos da cidade de Salvador de Baía: Olodum, Ilê Aiyê, Muzenza, Malê Debalê ou Timbalada.
Os instrumentos empregados serán: surdos, caixas, repiniques, bacurinhas, xequerê e timbaus.
Horarios: Domingo 25, de 10:00 a 14:30 h.
Profesor: Antonio Monedero