Campus de batucada
Programación de concertos
![latexo latexo](http://latexopercusion.com/wp-content/uploads/latexo-300x200.jpg)
LATEXO
Latexo combina o visual da danza cos arranxos musicais baseados na tradición dos blocos afro de Salvador de Baía. O grupo achega a súa visión do estilo, matizándoo a través das súas propias influencias.
O grupo anfitrión será o encargado de abrir a programación de concertos do Campus.
XOVES 22, 22:00h
![Perfu Perfu](http://latexopercusion.com/wp-content/uploads/Perfu-300x200.jpg)
PERFUSIÓN
Perfusión é unha mestura única, natural e enerxética da música e baile galego coa música e a danza africana. Unha fusión de raíces coa que transitan entre as vibrantes percusións, as doces melodías e as fermosas danzas de ambas as culturas.
VENRES 23, 22:30h.
![interrogacion interrogacion](http://latexopercusion.com/wp-content/uploads/interrogacion.jpg)
Actuación do sábado POR CONFIRMAR
SÁBADO 24, 22:00h
![odaiko odaiko](http://latexopercusion.com/wp-content/uploads/odaiko-300x225.jpg)
ODAIKO
Odaiko está integrado por percusionistas multidisciplinares cunha reputada traxectoria ás súas espaldas e cun afán de combinar o mellor do pasado cun presente sen limitacións. Para coñecer as súas orixes hai que remontarse ao ano 2002 e á Holanda, sendo no 2004 cando sacan á luz o seu primeiro proxecto na cidade de Ourense, onde sempre se aplaudiron a estrea dos seus espectáculos.
DOMINGO 25, 22:00h
Inscríbete!!
![latexo-formacion-logo latexo-formacion-logo](http://latexopercusion.com/wp-content/uploads/latexo-formacion-logo.png)