Campus de batucada

Campus infantil

WhatsApp Image 2021-05-30 at 01.53.53

Como novidade nesta edición creamos un novo espazo musical Infantil para idades de 6 a 12 anos onde poderán gozar de múltiples actividades lúdico-creativas nunha contorna rural inmellorable!
A idea deste espazo xorde como ferramenta de conciliación tanto para nais e pais que queiran asistir ao Campus de Batucada, como para familias da zona que poidan estar interesadas.
No Campus infantil teremos como piares basee a convivencia, o xogo e a música para traballar desde a práctica contidos como:

1. O ritmo
2. A danza
3. A voz como instrumento
4. Instrumentos típicos de batucada e achegamento aos ritmos de salvador de baía
5. O corpo como instrumento
6. Expresión e creatividade
7. A natureza e as súas posibilidades sonoras

Ademais, realizaremos un roteiro pola contorna e teremos espazos para improvisar e expresarnos libremente segundo a música inspírenos.

Horarios do Campus infantil

Os horarios do Campus son de 10:00 a 14:00 h* do xoves 22 ao domingo 25 de xullo.
*Posible flexibilidade horaria por conciliación.

Prezos do Campus infantil

Inscricións individuais:

-65€ campus completo.
-20€ días soltos.

Prezo con desconto por grupo familiar. Este desconto é aplicable ás persoas inscritas no campus infantil con algunha outra persoa do seu núcleo familiar inscrita no Campus (infantil ou non).

-50€ campus completo.

Inscríbete!!

latexo-formacion-logo
Scroll ao inicio