TALLER DE PERCUSIÓN BRASILEIRA CON MOISÉS LAMA
Moisés Lama é un percusionista da cidade de Salvador de Bahía en Brasil.
Xa sendo moi novo realizou unha xira por Europa co grupo Bagunçaço. Como percusionista profesional en Brasil, participou en proxectos como o grupo Os Zárabes de Carlinhos Brown, o grupo Afro-Sudaka de Ramiro Mussotto, e a cantante Daniela Mercury, con quen participou no entroido de Salvador en 2006.
En 2008 trasladouse a Bruxelas onde colaborou con artistas e grupos como Renaud Patigny, Sweet Coffee, Carla Visi e Spaicy e participou noutros proxectos musicais e festivais como Couleur Café, Tomorrow Land e Zinneke Parade.
Ensina percusión no centro cultural Pianofabriek de Bruxelas e foi convidado a talleres de percusión en toda Europa e máis aló. Lama ten especial interese polos ritmos da relixión Candomblé, pero durante a súa carreira tamén estudou percusión cubana, latina e africana, e continúa inspirándose na percusión das músicas do mundo en xeral, sempre en busca dunha fusión de elementos para as súas composicións e proxectos.
Más Info de Moisés Lama, na súa web: https://www.moiseslama.com/
Taller de Percusión Brasileira
Data: 22 de outubro
Horario: 17 a 19h
Lugar: Castiñeiriño, Santiago de Compostela
Prezo: 20€/ 15€ alumnado de Latexo
Todos os niveis
Contidos. Ensamble de diferentes ritmos do universo musical de Salvador de Bahía, Brasil.
Inscricións: 615 914 161 / latexopercusion@gmail.com