PROGRAMACIÓN
10:00h Presentación, almorzo e Trivial Batuqueiro
11:00h Obradoiro de percusión con Allison Adesida
17:00h Exhibición de batucadas asistentes
20:00h Pasarrúas Percustrata
22:30h Sesión de noite. Exhibicións + Dj Morongo
Obradoiro de percusión con Allison Adesida
De orixe guineana e nacida en Alacante, Allison Adesida desenvolve os seus coñecementos musicais principalmente na percusión afrobrasileira e africana.
Comeza a súa traxectoria aos 13 anos na Comunidade Klakibum de Alacante onde desenvolve as súas capacidades musicais. Aos 17 anos é a directora e encargada do grupo infantil Acatutú desta mesma asociación.
Nos anos posteriores forma parte de diversos proxectos musicais enfocados á contorna feminista e social.
Tamén recibiu formación de diferentes mestras e mestres tanto en Brasil como en España de diferentes estilos musicais como Maracatú, percusión africana, Samba enredo e Samba Reggae. Estilo co que sente máis identificada e o cal desenvolveu máis en profundidade unido á expresión corporal co tambor.
Actualmente é a directora musical da agrupación profesional Yewande percusión,dirixe a agrupación Bloco Terra de Alacante,é co directora do Proxecto Batucole enfocado á infancia e é endorsed da marca de instrumentos de percusión Grosso Percusión Factory.
