OBRADOIRO DE PERCUSIÓN PARA CENTROS EDUCATIVOS
Taller de percusión para rapazas e rapaces no que descubrirán unha forma diferente de facer e vivir a música, mentres aprenden cousas interesantes da música doutras culturas do mundo.
O obradoiro está organizado en 3 partes:
1. Descubrindo instrumentos do mundo. Neste bloque, o alumnado descubrirá diferentes culturas musicais a través dos seus instrumentos de percusión, viaxando de Galiza a Brasil, pasando por Cuba ou a costa oeste de África.
2. Ritmo e coordinación. Cunha metodoloxía baseada no aprendizaxe progresivo, o alumnado conseguirá as destrezas necesarias para tocar ao mesmo tempo que move o corpo ao ritmo do grupo.
3. Batucada! O grupo descubrirá os ritmos máis carácterísticos dos Blocos Afro de Salvador de Bahía, gozando coa experiencia de formar parte de unha orquestra de percusión.
Tempo de duración do obradoiro: 1h30m (adaptables).
Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.