Campus de batucada

Profesorado

toño timbau

ANTONIO MONEDERO. Nacido en Madrid 1980. Batería, percusionista e produtor. Traballou con artistas e grupos de renome nacional e con xiras por todo o territorio español e no estranxeiro: Huecco, Alcohol jazz, Lazurda, Deshechos. Tamén é director musical de grupo de batucada Zumbalé e da súa escola.
Viaxa a Salvador de Bahia (Brasil) en 2018 e 2020 para estudar e profundar no estilo do Samba Reggae e Axe music. Con Tiago, Memeu e Gilmario de Olodum. Patinho e Mario Pam de Ilê Aiyê. Japa System, Elton Jackson, Capacete, Cabo Do, Careca e Crá Rosa de Timbalada. Jaime Nascimento, Gabi Guedes de Orkesta Rumpilezz, Dede Reis, Lucas Vinicius ( Carlinhos Brown), Cuca (Banda Eva), Cara de Cobra, Elbermario, Marcio Brasil ( Ivete Sangalo), Sandra Ribeiro ( Didá)e Wilton Batata.
Impartirá as clases de Ensamble do bloco. Ritmos e arranxos tradicionais dos Blocos Afro de Salvador.

apertuke

ANDRÉS RIVERO. Nigrán, 1981. Formado con Xurxo Troncoso, Narci Rodríguez, Lucas Fixel, Mario Pam, Marivaldo Paim e Patinho de Ilê Aiyê, Rodrigo Vasquez Suit, Paulo Silva, Gabi Guedes, "Memeu" de Olodum, Bira Santos, Ícaro Sá, Nei Sacramento, Dendê Macedo, Toño Monedero ou Crá Rosa, entre outros, tanto en España como en Brasil, onde viaxou en 2012.
Como músico participou en proxectos como A Companhía do Ruído, Perfusión, A Caixa de Tambora, Trópico de Grelos ou Latexo Percusión, sendo director artístico de Trópico de Grelos entre 2012 e 2020 e de Latexo Percusión desde 2020.
Profesor da "Escola Prucupá", de Trópico de Grelos (2011-2020), das “Escolas Galinké” e da “Escola de Latexo”. Deu talleres en festivais como Vibra Balboa, Apertuke, Ruxe Marín, etc. e para diferentes colectivos como La Torzida, Bloco Vetón, Aperta, etc. Formou parte do equipo docente no Curso Internacional Merza Percusión en 6 edicións.
Impartirá as clases de Técnica de man aplicada ao timbau. Recursos e ritmos do instrumento.

75308439_10156748769491404_1915282997125316608_n (2)

BEA GONZÁLEZ. A Coruña, 1990. Formouse como percusionista nas escolas de batucada de Sambiosis e na Prucupá, de Trópico de Grelos. Recibiu talleres de profesores como Javier Iglesias, José Carlos Olmo, Andrés Rivero, Narci Rodríguez, Crá Rosa, Jair Rezende, Escobar Pereira, Antonio Moedeiro, Dendé Macedo, Huberto Morais e Albert Llobell.
Desde 2016 forma parte do Bloco Afro de Trópico de Grelos e foi profesora dirixindo o Bloco da Escola Prucupá. Formouse tamén en percusión e danza africana de estilo Malinké e formou parte de proxectos como Konafro, Son d'África ou Dundun Mandinga. Con eles impartiu talleres e actuou en eventos, festivais, teatros e auditorios. Colaborou con grupos musicais como Brinkadelia Troupe, Radio Zapa! ou A Compañía do Ruído. Actualmente tamén é percusionista no grupo musical Kendrah e forma parte do equipo de Latexo Percusión como música e profesora.
Impartirá as clases de Danza con Instrumento. Coordinación do movemento coa percusión.

brais

Brais Paisal. A Pobra do Caramiñal, 2001. Comeza a súa formación musical con Albano Días na escola de música ESMU dá Pobra e se gradúa no Conservatorio Profesional de Música de Santiago baixo a tutela de Juan Collazo, Roberto Bao e Isabel Diego.
Como músico, participa activamente na Banda de Música Ateneo Musical dá Pobra, na Orquestra dá Universidade de Santiago de Compostela, no grupo de música Amoenus e en Latexo Percusión. Tamén colaborou na formación do xa extinto Percuta Percussion Group e como percusionista na Joven Orquesta Leonesa.
Recentemente comeza o seu labor docente como profesor de percusión en ESMU dá Pobra.
Impartirá clases de Técnica de baquetas e mazas. Adestramento rítmico. Niveles iniciación e intermedio.

Clau

Claudia Maín. Vigo, 1990. Estuda batería con Leandro Deltell en Vigo (2004/2009). Estuda Maxisterio Musical na USC (2009/2012) e, xa afincada en Compostela, entra na escola de Trópico de Grelos (Escola Prucupá) e na escola de Galinké, con Andrés Rivero como profesor (2014/2018). Participa en talleres impartidos por mestres como Crá Rosa, Moisés Lama, Dendé Macedo, Jair Rezende ou Toño Monedero. En 2017 comeza en Galinké clases de danza malinke con Tania Veiga durante 3 cursos.
Tocou con Konafro e, na actualidade, forma parte das batucadas Trópico de Grelos, Bravatukas e Latexo.
É animadora sociocultural e monitora con experiencia en campamentos ao aire libre, impartindo talleres creativos, de reciclaxe téxtil e de música.
Impartirá clases e dirixirá o Campus Infantil.

Contenco_089

Pablo Paz López (Pontevedra, 1988) é un percusionista polifacético e multidisciplinar, especializado en música clásica e contemporánea.
Coas súas formacións gravou e tocou en diferentes teatros e festivais de Francia ( Mezzo TV, Radio France e Opera de Lille), Alemaña (Festival Europeo de Dusseldorf), Países Baixos (Festival de Limburgo, Festival Let' s Catch Up…) Bélxica (Theatre de Liège, A Monnaie…) Luxemburgo ou España.
No ámbito orquestral ten traballado con orquestras tales como a Orquestra Philarmonique Royal de Liège, Ópera Real de Valonia, Ópera de Flandes, Ópera "A Monnaie" ou a Orquestra de Estremadura.
No campo da música afro bahiana, formou parte do grupo estremeño Surdópatas, colabora co bloco Oldoum do Coio e forma parte, desde a súa formación, de Latexo Percusión.
Pablo licenciouse no Conservatorio Superior de Música de Badaxoz, especializouse en música contemporánea no Conservatorio Real de Liège e posteriormente realizou un máster avanzado no KASK Conservatorium de Gante. Actualmente é profesor do Conservatorio de Música do Carballiño.
Impartirá as clases de Técnica de baquetas e mazas. Adestramento rítmico. Nivel Avanzado.

Irene

Irene Visos. A Coruña 1990. Formouse en percusión con Xurxo Troncoso, Narci Rodríguez, Andrés Rivero, David Bolaño, Leo Pimentel, Javier Iglesias, Daniel Rioja, Crá Rosa, Moisés Lama, Escobar Pereira, Paulo Silva, Dendê Macedo, Jair Rezende, Toño Monedero, Albert Llobel, Juanjo Llorente, Victor Roig, Antoni Crespi, Albertito Romero e Allison Adesida.
Formouse en danza africana con Tania Veiga, Eva Azevedo, Joana Peres ou Karamoko Camara, en danza afrobrasileira con Nuria Carballido, en danza contemporánea a través do Espazo de Danza da USC e actualmente con Paula Quintas, e en danza percusiva con Jap Melendes.
Formou parte de proxectos musicais como Trópico de Grelos, Konafro, o Bloco dá Escola Prucupá, que dirixiu musicalmente, ou Latexo Percusión. Tambien integrou a Compañía de Danza da USC.
A nivel docente foi coordinadora da Escola Prucupá entre 2017 e 2020, e participou en proxectos formativos como os Obradoiros de Trópico de Grelos ou Son D`África.
Impartirá as clases de Danza, movemento e coordinación.

Inscríbete!!

latexo-formacion-logo
Scroll ao inicio